Saúdos dende o blog da biblioteca!
Presentamos o vídeo co traballo final do proxecto “Entre Pinceis”. Agradecemos a toda a Comunidade Educativa o seu apoio nas actividades propostas pola biblioteca escolar, e a todas aquelas persoas que aportaron desinteresadamente recursos, para enriquecer este proxecto artístico. Grazas!
A última actividade dos obradoiros creativos foi a formación en audiocontos. Esta actividade é unha boa forma de estimular a creatividade, de traballar a entoación, a expresión oral e a lectura en voz alta. O alumnado de 4º traballou e practicou con Damián de “Ponte nas Ondas” os audiocontos. O próximo ano gravaremos!!!

A última actividade dos clubs de lectura foi a visita a biblioteca de Esgos e o centro cultural Parada Justel . Esta biblioteca ten acadado varios premios nacionais de animación á lectura e antigamente era unha palleira que pertenceu ao avó do pintor ourensán: Ramón Parada Justel. Desexamos que vos gustara e parecera interesante!!
