Saúdos dende o blog da biblioteca!
O curso escolar xa está rematando e todos desexando que comecen as vacacións. Foi un curso intenso onde traballamos e tamén participamos en retos, concursos e campionatos.
Tamén finaliza o proxecto “Entre pinceis”. Partindo da idea inicial de que as rúas do barrio do Couto teñen nomes de pintores, durante todo este ano, intentamos aproximarvos ao mundo da pintura: coñecendo a artistas, técnicas novas, visitando exposicións, invitando a xente, facendo murais, lendo libros… actividades destinadas a mellorar o voso coñecemento sobre este tema.
As últimas actividades relacionadas co proxecto foron as excursións, todas incluíron visitas a algún museo ou algunha exposición. Estas son as fotos.






























Parabéns a todos os que participastes nos exercicios de cálculo mental e de vocabulario en inglés do SUPERTMATIK. Os resultados acadados foron moi satisfactorios. Grazas polo voso esforzo, dedicación e traballo, sodes estupendos!!

Parabéns a Mareme, Xián, Hugo, Roi, Álvaro e a mestra Patricia polo premio acadado no programa Consumópolis. Este é so o comezo….van vir moitos máis!!

O pasado xoves 20 de xuño, os clubs de lectura visitaron a biblioteca de Esgos e o centro cultural Parada Justel . Esta biblioteca ten acadado varios premios nacionais de animación á lectura, antigamente era unha palleira e pertenceu ao avó do pintor Ramón Parada Justel.
