Abril rematou cunha morea de actividades adicadas ao libro e á pintura.
Foi un pracer contar coa visita do pintor e profesor Juan Valcarcel. Este artista de trazo seguro e cor desbordante nas súas obras, tivo un encontro co alumnado de 5º e 6º no que houbo ocasión para profundar no mundo da arte e da pintura.
A pintora ourensá Cristina Roo achegou ó alumnado de 3º experiencias propias relacionadas coa pintura e tiveron ocasión de practicar con texturas e cores.
O alumnado de 1º e 2º contou coa visita de Hoor, nai de Subhan e de Fátima alumnos do colexio, que explicou como se fan as tatuaxes con henna. Este tipo de pintura é importante en moitas culturas e require de gran habilidade e dominio para facer debuxos directamente sobre a pel. Ela é toda unha especialista e tatuou as mans das mestras.
Agradecemos a presencia de todos eles no colexio e a colaboración no proxecto “Entre pinceis”. Foi un pracer. Grazas!!






O alumnado de 1ºA quixo celebrar a chegada da primavera con poesía e pintura. Velaquí o recitado e o mural dedicado ó pintor Joan Miró. Que boa combinación a poesía e a pintura!! Grazas por compartir o voso traballo, sodes estupendos!!

A excursión do alumnado de 4º combinou: visita cultural, turística, xogo e por suposto moita convivencia. A primeira parada foi na Cidade da Cultura, en Santiago, para visitar a exposición do pintor José María Barreiro. Fomos moi afortunados, ese día o propio Barreiro estaba na exposición, e foi el quen nos explicou o que íamos ver.
Despois de xantar, fixemos un percorrido turístico e con guía por Santiago, visitando as prazas e espazos próximos á catedral. A derradeira visita foi ao pazo de Liñares, en Lalín, onde xogamos un escape room. Día moi completo!!








Nos obradoiros da semana fixemos marcadores de páxina empregando a técnica do salpicado de pintura, tamén estamos a crear arte facendo cadros cos scornabots. Velaquí o resultado!!




Os cadros do mes de abril teñen como protagonistas os libros. Sabes cal é o misterioso cadro do mes?? Non esquezas cubrir os datos que se piden, pronto daremos a solución.