Rematamos o mes de maio amosando dous vídeos que desexamos vos gusten.
Un vídeo recolle diferentes momentos do que foi a celebración, no mes de abril, do Día doLibro. Aparecen a visita á biblioteca pública da Ponte, as actividades de animación á lectura, o apadriñamento lector do alumnado de 6º, o encontro con escritoras e escritores, o encontro con pintores e os obradoiros na biblioteca. Grazas a todos pola vosa colaboración e implicación!!
O outro vídeo recolle o traballo titulado ”Os pitiños”, está realizado polo alumnado de infantil de 5 anos e programado dende a biblioteca creativa. Fermoso traballo con coreografía incluída!!
O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, este ano está dedicado a homenaxear a Luísa Villalta Gómez pola súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega.
Luísa Villalta Gómez naceu na cidade da Coruña o 15 de xuño de 1957, na rúa Vila de Laxe. Acadou a licenciatura de Filoloxía Hispánica e exerceu como profesora de Lingua e Literatura Galega. Desenvolveu unha intensa vida cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio e poesía. Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, a idade de 46 anos.
Mirade este vídeo feito polo alumnado do Colexio San Pío X, de Ourense, amosa a biografía desta escritora.
Se queredes poñer a proba o voso coñecemento sobre Luísa Villalta Gómez , este genially será todo un reto…atrévete con el!!
E que mellor maneira de celebrar o Día das Letras Galegas, que escoitando aos máis pequenos recitando poemas en galego. Paga a pena escoitalos de novo porque o fan moi ben. Bo traballo! Grazas a todos polo voso esforzo…sodes estupendos!!! Grazas tamén a todas as mestras pola súa colaboración e bo facer!!
Xa estamos en maio e preparados para homenaxear a Luísa Villalta polo Día das letras Galegas.
Antes queremos que vexades o vídeo co resumen de todas as actividades levadas a cabo no segundo trimestre. Seguro que vos lembrades e vos gusta!!
Na semana dedicada ao libro o alumnado de 6º foi o encargado de amenizar o tempo lector en todos os cursos con libros que falaban de cores, pintores e pinceis.
Dende esta páxina do blog queremos agradecer a boa disposición e bo facer do alumnado que levou a cabo esta actividade, así como a do profesorado e equipo directivo que a fixeron posible un ano máis, e xa van dez!!
Seguindo o exemplo dos maiores, o alumnado de 1ºA tamén se animou a contar contos na clase de infantil. Así foi…!
O 13 de maio é o Día do Neno Hospitalizado, o alumnado do colexio quixo compartir coas nenas e nenos que están hospitalizados, na residencia de Ourense, traballiños e algún que outro agasallo que faga máis levadeira a hospitalización. Grazas unha vez máis pola vosa colaboración!!
Velaquí algunhas fotos que recollen: momentos lectores, libretas da mochila viaxeira e traballiños feitos nas clases de infantil do edificio do Greco que teñen moito que ver co proxecto “Entre pinceis”. Sodes grandes artistas e lectores!!
Os cadros deste mes están adicados a pintores galegos. Descubre de quen é o novo cadro misterioso???
Abril rematou cunha morea de actividades adicadas ao libro e á pintura.
Foi un pracer contar coa visita do pintor e profesor Juan Valcarcel. Este artista de trazo seguro e cor desbordante nas súas obras, tivo un encontro co alumnado de 5º e 6º no que houbo ocasión para profundar no mundo da arte e da pintura.
A pintora ourensá Cristina Roo achegou ó alumnado de 3º experiencias propias relacionadas coa pintura e tiveron ocasión de practicar con texturas e cores.
O alumnado de 1º e 2º contou coa visita de Hoor, nai de Subhan e de Fátima alumnos do colexio, que explicou como se fan as tatuaxes con henna. Este tipo de pintura é importante en moitas culturas e require de gran habilidade e dominio para facer debuxos directamente sobre a pel. Ela é toda unha especialista e tatuou as mans das mestras.
Agradecemos a presencia de todos eles no colexio e a colaboración no proxecto “Entre pinceis”. Foi un pracer. Grazas!!
O alumnado de 1ºA quixo celebrar a chegada da primavera con poesía e pintura. Velaquí o recitado e o mural dedicado ó pintor Joan Miró. Que boa combinación a poesía e a pintura!! Grazas por compartir o voso traballo, sodes estupendos!!
A excursión do alumnado de 4º combinou: visita cultural, turística, xogo e por suposto moita convivencia. A primeira parada foi na Cidade da Cultura, en Santiago, para visitar a exposición do pintor José María Barreiro. Fomos moi afortunados, ese día o propio Barreiro estaba na exposición, e foi el quen nos explicou o que íamos ver.
Despois de xantar, fixemos un percorrido turístico e con guía por Santiago, visitando as prazas e espazos próximos á catedral. A derradeira visita foi ao pazo de Liñares, en Lalín, onde xogamos un escape room. Día moi completo!!
Nos obradoiros da semana fixemos marcadores de páxina empregando a técnica do salpicado de pintura, tamén estamos a crear arte facendo cadros cos scornabots. Velaquí o resultado!!
Os cadros do mes de abril teñen como protagonistas os libros. Sabes cal é o misterioso cadro do mes?? Non esquezas cubrir os datos que se piden, pronto daremos a solución.