Saúdos dende a biblioteca virtual!!
Seguimos poñendo poesía na nosa vida. Hoxe son as rapazas e rapaces de infantil do edificio de Sas os encargados de recitar poemas. Así de ben o fan !! Grazas a todos polo voso esforzo…sodes estupendos!!!
3 ANOS A : “PALABRAS COMO BICOS”
4 ANOS A: “A SEMENTE DOURADA”
5 ANOS A: ” VOUCHE CONTAR UN CONTO”
No club de lectura tamén celebramos o día da poesía. Nesta ocasión programamos a actividade: “SINTE A POESÍA” que consistía en escoller un poema, recitalo cunha compañeira ou compañeiro e por último poñerlle título. Por suposto houbo doces e tartas como a ocasión merecía!!
Angeli foi a invitada especial, ela é alumna do IES O Couto, escribe, recita poesía, disfruta e comparte con nós os actos dedicados a este xénero literario. Agradecemos a súa presencia así como a da súa mestra Igone.
Estas son algunhas das fotos, do día dedicado á poesía no club de lectura.
Moitas actividades do mes de abril están relacionadas co libro. O alumnado de 1ºA e 1ºB tivo a sorte de visitar a biblioteca da Ponte, alí escoitaron un conto e tiveron ocasión de ver e ler libros novos.





Nesta semana a biblioteca acolleu a mostra dunha CIDADE ATEMPORAL. O traballo está realizado a escala, feito polo alumnado de 6º e coordinado polo mestre J Luis Carnicero. Un traballo minucioso e preciso!!


A próxima semana celebraremos o Día do Libro.











