O 23 de abril é o Día do Libro, unha data especial que celebramos no colexio con diferentes actividades.
Este ano o programa de radio do Día do Libro, estrea equipamento, espazo e formación do alumnado. Agora temos un pequeno estudio de radio que pronto integraremos na biblioteca. Adiante coa radio!!




A semana pasada o alumnado de 1º e de 2º recibiu a visita de Sabela Gago.
O alumnado de 3º e de 4º tivo un encontro virtual con Ledicia Costas coa que compartiron dúbidas e impresións sobre o libro que estiveron a ler.
As nenas e nenos de infantil de 5 anos disfrutaron dunha actividade de contos con verbateca e está pendente un encontro con Anxo Moure o vindeiro 24 de abril.
Os clubs de lectura tiveron un encontro co escritor Xavier Estévez co que intercambiaron parecer sobre o libro “Avións de papel“, aclararon dúbidas e tamén houbo recomendacións lectoras.

Neste mes de abril promovemos encontros con persoas relacionadas co mundo da pintura. O proxecto “Entre Pinceis” achega pintores ao colexio, trae experiencias de pintura con henna, fomenta traballos artísticos e manuais, e programa visitas a diferentes exposicións.

Por último salientar o traballo das voluntarias e voluntarios de 6º que durante esta semana contarán contos en todos os cursos durante o tempo lector. Este ano os contos propostos teñen moito que ver coas cores e coa pintura. “Monstro Rosa”, “Monstro azul”, “Páxaro amarelo”, “O cadro máis bonito do mundo”, “As cores do mundo”, “O pincel de Vincent”, “Nariz de ouro”, “A oca azul”…





Que disfrutedes de todas as actividades programadas!! Boa semana do libro!!
























