

Élisabeth Vigée-LeBrun ( Francia, 1755 – Francia, 1842)
Durante anos, como adoita suceder coa maioría das mulleres artistas, Élisabeth foi unha das grandes esquecidas das enciclopedias de arte. Foi a pintora francesa máis famosa do século XVIII e unha das retratistas máis importantes da súa época. A súa pintura ten un estilo doce, amable e emprega unha técnica perfecta. Tivo tempo de escribir as súas marabillosas memorias onde rexistra a súa atarefada e emocionante vida.
