Saúdos dende bibliocouto.
As mochilas viaxeiras xa están circulando con libros e cadernos relacionados co proxecto “Entre pinceis”. Cada mochila leva un caderno coa biografía dun pintor e unha lámina dun dos seus cadros.
Vós teredes que pintar esa lámina como máis vos guste e empregando o material que queirades. Ao final do curso as vosas obras formarán parte dunha gran exposición de arte. Ánimo e a pintar como artistas!

O 30 de xaneiro é o Día da Paz, con tal motivo os cadros seleccionados para este mes así coma o cadro misterioso teñen moito que ver coa data.
Pintores como Goya, Picasso ou Dalí deixaron nos seus lenzos o profundo pesar dunha guerra. Sabes a quen pertence o cadro misterioso deste mes? Investiga e entrega a túa resposta na biblioteca. Sorte!




O día 21 de xaneiro é o Día Internacional das Apertas, por este motivo queremos que coñezades un graffiti feito por Keith Haring e titulado “O abrazo”. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º nas clases de inglés e coa auxiliar de conversa, tivo oportunidade de afondar na biografía e obras deste artista e activista neoiorquino. Todos fixeron o seu Keith Haring particular que vos amosaremos en breve.


No colexio empezamos co reto dos 21 días en galego, por esta razón a biblioteca do centro permanecerá pechada no tempo do recreo, pero o blog de bibliocouto seguirá aberto e con novas aportacións.
No obradoiro creativo da semana pasada a proposta foi facer pombas da paz de moitas cores. Este foi o resultado…!! Graciñas pola vosa colaboración.



