Bibliocouto dedicou o mes de novembro á ciencia. Todos os obradoiros programados achegáronnos ó mundo da ciencia e da experimentación.
Houbo dúas mesas: unha de observación e outra de experimentación . A mesa de observación deunos a posibilidade de aproximarnos ó mundo diminuto.
Na mesa de experimentación fixemos experimentos, casi todos relacionados coas cores. Algúns deles foron: xogar con pingas de auga de cores, facer un arco da vella con lacasitos, facer unha explosión de cores e experimentar cun fluído non newtoniano. As fotos amosan algúns deses momentos.










O equipo da biblioteca seguirá a traballar neste tipo de propostas para os obradoiros da biblioteca, sabemos que vos gustan….agora imos preparar o NADAL!
Retos acadados durante o mes…Parabéns campións!!!


