Saúdos dende o blog de bibliocouto!
O venres 10 de novembro festexaremos no colexio o día de San Martiño, patrón da nosa cidade e día dedicado ó magosto. Non faltarán castañas asadas, risas, bailes e moitos xogos.
Falando de castañas…canto sabes deste froito abundante nos soutos da Ribeira Sacra e que o curso pasado visitamos nas excursións? Fai este cuestionario e comproba as túas respostas.
O magosto é unha festa de amizade e veciñanza. Tamén é unha festa de homenaxe ós froitos de recente recolleita: castañas e uvas. Soe rematar con cantigas e danza e existe o costume de tisnarse unhas persoas a outras coa borralla da fogueira.
O obradoiro creativo desta semana, “Manchas de outono“, está dedicado o outono na arte. Traballamos as cores desta estación e practicamos a técnica do soprado de pintura. Ven e proba, despois poderás levar a túa mancha de pintura!!

Esta semana entregáronse os premios do concurso do Samaín: “Cabazas decoradas” O premio foi un libro que vai estar de medo!!!
Estes foron os gañadores. Parabéns!!


O 10 de novembro é o Día Internacional da Ciencia, con tal motivo, os obradoiros deste mes, estarán dedicados a experimentar coa maxia da ciencia.
Que teñades un bo magosto!