Saúdos dende Bibliocouto. Esta semana festexamos o Samaín, festividade celta que marca o comezo do inverno. Nos países anglosaxóns o 31 de outubro celebran Halloween.
Para esta semana hai unha proposta de lecturas que están de medo. Escollede na clase, coas compañeiras e compañeiros a lectura que máis vos guste, collede o libro no expositor da biblioteca e pasade moito medo lendo as historias.
Vídeos das lecturas propostas.
Outros vídeos, preme no título:
Infantil: “O susto de Donald”
1º Ciclo: ” Casper escola de sustos”
2º Ciclo: “Os mundos de Coraline”
3º Ciclo: ” A familia Addams” ou ” A noiva cadáver”
Os obradoiros estarán dedicados ó Samaín, ofrecen maquillaxe e decoración de uñas ou Halloween nails. Non esquezas pasar pola biblioteca…!

No edificio do Greco tamén houbo contos, maquillaxe e decoración de uñas.
