Publicado en Biblioteca

GRAZAS

Saúdos dende o blog da biblioteca!

O curso escolar xa está rematando e todos desexando que comecen as vacacións. Foi un curso intenso onde traballamos e tamén participamos en retos, concursos e campionatos; como o do Supertmatik.

Este ano alumnas e alumnos de 4ºA e 4ºB  participaron nos exercicios de cálculo mental e de vocabulario en inglés do SUPERTMATIK. Os resultados acadados foron moi satisfactorios quedando algunhas das participantes clasificadas entre as 10 mellores do campionato.

Grazas polo voso esforzo, dedicación, compromiso, responsabilidade e interese; en definitiva moitas grazas polo voso traballo, sodes estupendos.

Parabéns especiais a:  Brian, Iris, Nicole, Leismar, Alba, Anushey, Noa, Sebastian, Roi, Carlota, María, Sabela, Leire, Valentina, Xián, Irina, Leo, Bruno, Daniel, Vega, Aldán, Sergio e Iker.


O proxecto deste curso foi coñecer a Ribeira Sacra: os seus mosteiros, miradoiros, paisaxes, vexetación, cultivos, árbores, ríos, encoros, viñedos…As actividades e excursións tiveron como obxectivo concienciar sobre a importancia deste patrimonio, que debemos coidar, conservar e difundir. A exposición final é unha boa proba diso.

Esperamos ter conseguido ese obxectivo e agradecemos a implicación de toda a comunidade educativa, familias, organismos públicos así como de persoas vinculadas a Ribeira Sacra que colaboraron e fixeron posible a realización deste proxecto. Moitas grazas.

AS VOSAS MALETAS DA RIBEIRA SACRA SON O CORAZÓN DA EXPOSICIÓN

Traballar neste proxecto fixo posible coñecer a artesáns de gran categoría e desfrutar do seus traballos. Unha proba disto é o noso Coutolin da Ribeira Sacra. Gústache?

O COUTOLIN DA RIBEIRA SACRA

EXCURSIÓNS

Con este vídeo feito ao comezo do curso empezamos o proxecto da RIBEIRA SACRA.