Saúdos dende a nosa biblioteca virtual!!
O pasado mes de abril e tamén neste mes de maio foron moitas as actividades dedicadas ao Día do libro. Tivemos actividades de contacontos realizadas polo alumnado de 6º, foi na semana do 17 ao 21 de abril na que estiveron contando lendas da Ribeira Sacra e contos para os máis cativos como auténticos profesionais.

Grazas a colaboración de diferentes editoriais, tivemos actividades de animación á lectura realizadas por: Sabela Gago, Anxo Moure e o contaconto de “Daniela Pirata” do Concello de Ourense.






Encontro con escritores e escritoras como: Pere Tobaruela autor dos “Formigas”, Ramón Veiga autor de “Miñoca e pega”e Antía Yáñez autora de “Plan de Rescate”.



Na exposición dedicada á Ribeira Sacra, que aínda está en proceso, podense ver: guías de turismo, libros de miradores, de viñedos, libros do río Miño e Sil, reportaxes fotográficos, cerámica Gundivós, chocolate da fábrica de Teimende…. e aínda faltan os vosos traballos das maletas!!

O 13 de maio foi o Día do Neno Hospitalizado, e unha vez máis o alumnado do colexio colaborou facendo corazóns e traballiños que compartimos coas nenas e nenos que están hospitalizados na residencia de Ourense. Grazas unha vez máis pola vosa colaboración!!
https://www.facebook.com/SergasOurense/videos/2546711058819819/

A próxima entrada deste blog será para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!! Ata o 17 de maio…