Publicado en Biblioteca

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Francisco Fernández del Riego pola defensa da lingua galega e tamén da nosa cultura.

Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá, o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010. Foi o primeiro de once fillos e fillas que tivo Amada del Riego e Vicente Fernández. Foi tamén un dos creadores da editorial Galaxia e presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.

Mirade este vídeo feito polo alumnado do Colexio San Pío X, de Ourense, amosa a biografía deste escritor.


Se queredes poñer a proba o voso coñecemento sobre Francisco Fernández del Riego, este geneally será todo un reto…atrévete con el!!



Nun día tan importante non pode faltar a música; o alumnado do colexio, dirixidos polo mestre de música Jose Luis Carnicero, festexará o Día das Letras Galegas cun pequeno festival dedicado a Francisco Fernández del Riego. Será no salón de actos do IES O COUTO as 12:00h.

Tampouco poden faltar neste día, as voces dos máis cativos, recitando poemas en galego. Merecen ser escoitados de novo e disfutar do seu recitado. Bo traballo nenas e nenos!!!

Made with Padlet

No obradoiro desta semana faremos a roda de Francisco Fernández del Riego ou se preferides o marcapáxinas deste escritor.

Agradecemos ao Seminario Galán todos os recursos aportados e compartidos neste post.


Desexamos que disfrutedes do Día de Galicia, e que empreguedes a nosa lingua sempre que poidades.

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, HOXE E SEMPRE!!

Publicado en Biblioteca

UNHA MOREA DE ACTIVIDADES

Saúdos dende a nosa biblioteca virtual!!

O pasado mes de abril e tamén neste mes de maio foron moitas as actividades dedicadas ao Día do libro. Tivemos actividades de contacontos realizadas polo alumnado de 6º, foi na semana do 17 ao 21 de abril na que estiveron contando lendas da Ribeira Sacra e contos para os máis cativos como auténticos profesionais.


Grazas a colaboración de diferentes editoriais, tivemos actividades de animación á lectura realizadas por: Sabela Gago, Anxo Moure e o contaconto de “Daniela Pirata” do Concello de Ourense.


Encontro con escritores e escritoras como: Pere Tobaruela autor dos “Formigas”, Ramón Veiga autor de “Miñoca e pega”e Antía Yáñez autora de “Plan de Rescate”.


Na exposición dedicada á Ribeira Sacra, que aínda está en proceso, podense ver: guías de turismo, libros de miradores, de viñedos, libros do río Miño e Sil, reportaxes fotográficos, cerámica Gundivós, chocolate da fábrica de Teimende…. e aínda faltan os vosos traballos das maletas!!


O 13 de maio foi o Día do Neno Hospitalizado, e unha vez máis o alumnado do colexio colaborou facendo corazóns e traballiños que compartimos coas nenas e nenos que están hospitalizados na residencia de Ourense. Grazas unha vez máis pola vosa colaboración!!

https://www.facebook.com/SergasOurense/videos/2546711058819819/


A próxima entrada deste blog será para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!! Ata o 17 de maio…