Saúdos desde a nosa biblioteca virtual!!!
Estamos de festa, o 23 de abril é o Día do libro, data especial que festexamos no colexio con diferentes actividades e todas relacionadas co mundo do libro. Este é o cartel diste ano…Cantos Coutolines podes atopar?

Haberá actividades de contacontos realizadas polos compañeiros/as de 6º; animación á lectura con Sabela Gago e Anxo Moure; contacontos para os cursos de infantil; encontro dos clubs de lectura coa escritora Antía Yáñez; exposicións e un programa de radio moi especial. Desexamos que todo o programado vos guste!!




Imos empezar cuns vídeos que nos informan desta data.
O programa de radio deste mes, está dedicado ó libro, nesta ocasión entrevistamos a un gran lector do colexio.
PROGRAMA DE RADIO: HOXE ENTREVISTAMOS A….??
Durante todo o ano as actividades e os programas de radio axudaron a dar difusión ó noso proxecto de centro: ”Coñecer a Ribeira Sacra”. A exposición de libros deste ano achéganos a este lugar que queremos dar a coñecer.
O mestre de música, Jose Luis Fernández Carnicero, escribiu un libro sobre “ A fábrica de chocolate en Teimende” . Este libro escrito coa testemuña e coa información aportada polas fillas do chocolateiro, Loli e Rosa, conta como a familia Casares puxo en marcha unha fábrica de chocolate, na aldea de Teimende en Parada do Sil ( Ribeira Sacra ). Hoxe é unha Casa Museo do Chocolate única en Galiza e que por suposto se pode visitar.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria terá, o luns 24 de abril, un encontro con dúas persoas relacionadas con esta Casa Museo do Chocolate.


No obradoiro destas semanas poderedes facer marcadores de páxina….achégate e fai o teu!!!