8 de Marzo, Día da Muller. Neste data lembramos a todas aquelas mulleres que loitaron contra as dificultades do seu tempo, para poder acadar as súas metas e, por suposto, a todas aquelas que aínda hoxe ven vulnerados os seus dereitos.
A muller representa enerxía, valor e determinación. Xuntos debemos construír unha sociedade xusta e igualitaria onde as nenas dende pequenas se sintan poderosas, solidarias e felices.
Esta páxina da biblioteca vai dedicada a todas as mulleres do noso colexio.
Neste día non podía faltar un conto, este de hoxe titúlase “Maruxa”. Está narrado polo alumnado de 1ºB, que unha vez máis, poñen voz e esforzo a este conto que relata a historia dunha muller que, farta de facerlle a Pepiño o pan todos os días, decide darlle unha lección e amosarlle que o traballo na casa é cousa de dous.
Grazas a todas as rapazas e rapaces de 1ºB pola vosa colaboración, sen vós, contar estas historias tan bonitas non sería posible.
O club de lectura ” OS COUTOLINES 6ºB”, lémbranos en este audio, por que o 8 de marzo é o Día dedicado a Muller.
8 de marzo, Día da Muller. “COUTOLINES 6ºB”

A biblioteca dedicará este mes marzo a MULLER, haberá unha exposición fotográfica de científicas e tamén estará a maleta creativa de bibliotecas escolares de Galicia. Agardámoste na biblioteca!!

FELIZ DÍA DA MULLER!!