Publicado en Biblioteca

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 23 de febreiro de 2023, conmemórase o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (23 febreiro de 1837- 15 xullo de 1885) e queremos celebralo lembrando a súa vida, recitando e escoitando os seus poemas.

VIDA: Este Draw my life do colexio San Pio X de Ourense resume a súa vida.


CASA: Padrón foi a localidade onde Rosalía viviu os últimos anos da súa vida, na casa da Matanza. Hoxe en día é un museo dedicado a ela. Se queres facer un percorrido pola súa casa, mira este vídeo e escoita o poema de “Adiós Ríos, Adiós Fontes” .


CURIOSIDADES: Mira e escoita estas cinco cousas que seguro non sabías de Rosalía de Castro.


ROSALÍA EN OURENSE: Rosalía está moi presente na cidade de Ourense e no mundo enteiro. Na nosa cidade hai unha rúa que se chama Rosalía de Castro, tamén hai unha biblioteca que leva o seu nome e por suposto unha ESTRELA.


OBRA: Poemas para recitar. Os primeiros son de “Cantares Gallegos” e os segundos de “Follas Novas”



EXPOSICIÓNS: Se vos interesan as plantas, en Allariz inaugúrase o Herbario de Rosalía. A escritora citou na súa obra preto de 150 plantas e flores que tratan de amosar nesta exposición.

Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

ENTROIDO

Coñecer mellor a Ribeira Sacra é o noso obxectivo para este curso e imos aproveitar o Entroido para coñecer aos personaxes típicos desta zona.

Fixemos unha exposición de máscaras, na que podemos atopar: FELOS de Esgos, a MÁZCARA de Manzaneda, o OSO de Salcedo e os VOLANTES de Chantada. Todos teñen roupa, costumes, bailes e movementos característicos e moi antigos que paga a pena coñecer.

Contaremos coa visita ao colexio dos FOLLATEIROS de Lobios (foto1ª), os FELOS de Esgos (foto 2ª) e a MÁZCARA de Manzaneda (foto 3ª) …Desfrutade da súa visita e do Entroido!!


Noticias do telexornal da galega onde saen os FELOS no colexio do Couto:

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-5999368?t=1610?t=1622


Debuxo dos personaxes do Entroido da Ribeira Sacra.

Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

DÍA DA RADIO

13 de febreiro Día Mundial da Radio.

A radio…que importante este medio de comunicación onde a voz é imprescindible! No blog da biblioteca tamén facemos radio, a vosa voz pode chegar a toda a comunidade educativa: cando contades contos, recitades poemas, cantades cancións ou informades de novas.

Para celebralo, haberá na biblioteca unha exposición de radios, aportadas polo mestre de música: José Luis Carnicero. Veremos como eran, como son e mesmo poderemos fedellar nelas.

Para conmemorar este día, disfrutade deste audio. Grazas a todos/as os locutores/as que o fixeron posible!

Made with Padlet

A exposición de radios será o punto de partida para traballar coa ciencia. Nesta ocasión a mesa de observación servirá para: ver radios de colección, saber quen inventou a radio e por que se conmemora o 13 de febreiro. A outra mesa será a de experimentación, imos traballar cos imáns, cos campos magnéticos, coa forza de atracción e de repulsión.

Agardamoste na biblioteca…xoga coa ciencia!!!

Publicado en Biblioteca

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Saúdos dende o blog da biblioteca!!!

O próximo 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este é un día para lembrar que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.

A ciencia e a igualdade de xénero son importantes para construir unha sociedade de futuro, unha sociedade onde as mulleres teñan acceso pleno e equitativo á ciencia. E poidan ser o que elas queiran ser.

O lema deste ano 2023 é:  “Innovar. Demostrar. Elevar. Avanzar. Sostener. (I.D.E.A.S)” e ten coma obxectivo lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia


Estas son algunhas das mulleres científicas que traballaron e actualmente traballan no mundo da investigación.

Foron moitas as nenas galegas que se covertiron en mulleres científicas. Estas son algunhas das nosas científicas galegas que queremos que coñezades.

CIentíficas galegas

A próxima semana dedicaremos os obradoiros do recreo á ciencia e a facer experimentos. Volveremos ter unha mesa de observación e outra de experimentación, igual que fixemos en novembro cando dedicamos o mes á ciencia. Agardámosvos …!!!


As mochilas viaxeiras xa están listas para á lectura en familia. O venres 10 de febreiro todos os cursos levarán a súa, desexamos que a selección de lecturas sexa do voso agrado. As instrucións de uso xa están no interior de cada mochila…BOA LECTURA!!!

Publicado en Biblioteca,Ribeira Sacra

DÍA DA ILUSTRACIÓN

Saúdos dende bibliocouto!!

O 30 de xaneiro celébrase o día da ilustración. Unha data que serve para valorar a gran importancia que teñen os ilustradores na creación de imaxes para libros, contos, carteis…

O conto dos “Chibos chibóns” é un deses libros ilustrados, composto por 32 follas e editado por Kalandraka que hoxe as nenas e nenos de 1ºB  vannos contar. Elas e eles son a voz deste marabilloso conto onde a cooperación, as gañas de solucionar atrancos e a loita do ben contra o mal están moi presentes.

Grazas a Noa, Uxía, Eric, Julia, Gabriel, Carlos, Marco, Xiana, África, Nayeli, Lía, Sarah, Álvaro, Miguel, Carlos Manuel, Gala, Nara, Daniel e Leo polo voso esforzo, traballo e por facernos pasar un momento tan agradable.


Este ano o noso proxecto de centro é que todas e todos coñezades un pouco máis a Ribeira Sacra. O vídeo proposto é un anticipo do que foi o programa “Pipper en ruta” emitido pola 2 de rtve o pasado 28 de xaneiro e que non debedes perder.

Os protagonistas son Pipper, a teacher Laura e o seu can Drogo, que nos levan de ruta pola Ribeira Sacra…paga a pena que vexades o programa, pois está cheo de boas e fermosas anécdotas, Laura faino moi ben e os dous cans portanse xenial.

Vídeo completo de Pipper na Ribeira Sacra:

https://www.rtve.es/play/videos/pipper-en-ruta/ribeira-sacra/6780329/


Esta semana no obradoiro, estamos pintando as letras mandala do escritor que nos visitará en febreiro: Lois Pérez autor do libro “A gruta da torre”. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN !!!