
FASE INICIAL
Presentámosvos o Proxecto Documental Integrado deste curso 2022-2023: “Descubrindo a Ribeira Sacra“.
Estamos a desenvolver no colexio proxectos que teñan que ver coa educación patrimonial, é dicir proxectos que teñan como obxectivo coñecer o patrimonio da nosa contorna.
Os PDI realizados nos cursos pasados: “Os Romanos”, “O Camiño de Santiago” e “Coñece a túa cidade” permitiron saber, coñecer e identificar monumentos romanos; localidades, lendas, símbolos, flora, fauna e comidas típicas na Ruta da Prata; coñecer barrios, rúas, pontes, esculturas, bibliotecas, festas típicas na nosa cidade.
Este ano co proxecto de centro: “Descubrindo a Ribeira Sacra”, pretendemos dar a coñecer a toda comunidade educativa este patrimonio cultural, que é un BIC (Ben de Interese Cultural) e ademais está proposto como Patrimonio Cultural da UNESCO.
Ao longo do curso desenvolveremos o contido do proxecto con actividades, obradoiros, charlas, podcast, música, encontros, excursións, vídeos….acompáñanos!!

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO
Este é o primeiro programa audio sobre a Ribeira Sacra. Escoita …son Noelia e Xian de 6ºB !!!!

OS CASTIÑEIROS DA RIBEIRA SACRA – Programa 2
O 11 de novembro festexamos o San Martiño, facemos magostos e asamos castañas. Precisamente as castañas son os froitos dos castiñeiros, unhas das árbores máis abundantes na Ribeira Sacra. O programa número 2 de Radio Couto danos máis información. Escoita…
Este ano pretendemos que coñezades algunhas destas árbores e se é posible que medren ao voso carón, no patio do colexio. Coidade delas…!!

Nesta ocasión as nenas e nenos de infantil e do primeiro nivel axudaron a transplantar dous castiñeiros. Agora toca coidar deles…!!

Durante esta semana os obradoiros na biblioteca estiveron dedicados á castaña. Os “tres en raia” e os “encesta castaña” elaborados, contribuíron a darlle protagonismo a este froito.


COMO SE FAN OS MELLORES VIÑOS DA RIBEIRA SACRA– Programa 3
O mes de novembro estivo dedicado á ciencia en galego, na biblioteca do colexio preparamos dúas mesas: unha de observación e outra de experimentación coas que nos achegamos ó mundo científico.
O proxecto de centro “Coñecendo a Ribeira Sacra” tamén nos achega ó mundo da ciencia. Nesta ocasión o programa de radio “Pócemas saborosas” explica como se poden facer os mellores viños a partires do froito estrela da Ribeira Sacra, a uva. A observación, as hipóteses, a extracción e publicación de conclusións son pasos necesarios no método científico e na obtención dun bo viño
Compre lembrar que o microclima desta zona favorece a maduración da uva coa que se fan viños de gran calidade. Para ampliar a produción os romanos idearon os socalcos, nos que asentaban as plantacións vinícolas. Tamén estudaron e observaron cal podía ser a mellor variedade de uva e dende entón o cultivo, o coidado e a alquimia fan o resto.
Pero mellor é que escoitedes as rapazas e rapaces de 5º que explican neste programa de radio como se fan os mellores viños da Ribeira Sacra, empregando métodos científicos.





A RIBEIRA SACRA NO PROGRAMA ” PIPPER EN RUTA” E COA TEACHER LAURA…
O programa “Pipper en ruta” emitido pola 2 de rtve o pasado 28 de xaneiro, lévanos de visita pola Ribeira Sacra. Podemos ver fermosas vistas, a paisaxe, o Mosteiro de San Pedro de Rocas, o peirao do catamarán, o Miño, o Sil….lugares que debemos coñecer e ver posto que forman parte do noso patrimonio cultural.
Os protagonistas son Pipper, a teacher Laura e o seu can Drogo, que nos levan de ruta pola Ribeira Sacra…paga a pena que vexades o programa, pois está cheo de boas e fermosas anécdotas, Laura faino moi ben e os dous cans portanse xenial.

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO
Na biblioteca hai preparadas actividades que nos achegan ó mundo da investigación, dos inventos e dos descubrimentos; microscopios con mostras; unha maleta viaxeira con libros de divulgación; libros científicos; películas …todo está preparado, achégate!!


CERTAME LITERARIO
O vindeiro 10 de novembro festexaremos no colexio, cun gran magosto, o día de San Martiño. Por suposto que non faltarán as castañas asadas, as risas e os xogos.
En bibliocouto queremos sumarnos a esta festa, propoñendo un concurso de contos; coa temática do outono e con premio para os mellores traballos. Infórmate e participa…!!!

CELEBRANDO O NADAL


CONTOS EN FAMILIA
Grazas a todas as familias, nais e pais que colaboraron na actividade: “Cóntame un conto no Nadal” foi un pracer contar con vós e unha ledicia para as vosas fillas, fillos e seus amigos….Graciñas!!!



DÍA DA PAZ E A RIBEIRA SACRA – Obradoiro do recreo
En todas actividades do colexio intentamos dar a coñecer a Ribeira Sacra. Nesta ocasión, Día da Paz, traballamos coas follas das árbores máis representativas desta zona: carballos, castiñeiros e vides.
O traballo tivo varias partes: 1º Recollemos follas de árbores que hai na Ribeira Sacra. / 2º Puxémolas entre papeis e con peso enriba para que as follas alisasen./ 3º Pintamos as follas de branco, cada día por un lado para que secasen. / 4º Xuntámolas nunha caixa. / 5º Pegamos as follas no bambán. Resultou ser unha actividade moi satisfactoria…o resultado final foi este que vos amosamos.


DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O próximo 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este é un día para lembrar que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e na tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.
A ciencia e a igualdade de xénero son importantes para construir unha sociedade de futuro, unha sociedade onde as mulleres teñan acceso pleno e equitativo á ciencia. E poidan ser o que elas queiran ser.

DÍA DA RADIO – Programa 4
A radio…que importante este medio de comunicación onde a voz é imprescindible! No blog da biblioteca tamén facemos radio, a vosa voz pode chegar a toda a comunidade educativa: cando contades contos, recitades poemas, cantades cancións ou informades de novas.
Nos pobos da Ribeira Sacra, ó chegar a noitiña, a xente adoitaba xuntarse nalgunha casa para: pasar o tempo, conversar, falar de cousas…eran os chamados “Fiadeiros“. Co tempo, estas xuntanzas facíanse na casa que tivera unha radio para poder escoitar cousas que ocurrían no país, corridas de toros e logo fútbol. Pouco a pouco esas retransmisións foron ampliando as horas de emisión e os temas a tratar. Foi unha forma de estar informados e de pasar o tempo para as xentes de pobos afastados.
Haberá na biblioteca unha exposición de radios, aportadas polo mestre de música: José Luis Carnicero. Veremos como eran, como son e mesmo poderemos fedellar nelas.
Para conmemorar este día, disfrutade deste audio. Grazas a todos/as os locutores/as que o fixeron posible!


EXPOSICIÓN DE RADIOS
A exposición de radios será o punto de partida para traballar coa ciencia. Nesta ocasión a mesa de observación servirá para: ver radios de colección, saber quen inventou a radio e por que se conmemora o 13 de febreiro. A outra mesa será a de experimentación, imos traballar cos imáns, cos campos magnéticos, coa forza de atracción e de repulsión.
Agardamoste na biblioteca…xoga coa ciencia!!!


O ENTROIDO NA RIBEIRA SACRA
Coñecer mellor a Ribeira Sacra é o noso obxectivo para este curso e imos aproveitar o Entroido para coñecer ós personaxes típicos desta zona.
Fixemos unha exposición de máscaras, na que podemos atopar: FELOS de Esgos, a MÁZCARA de Manzaneda, o OSO de Salcedo e os VOLANTES de Chantada. Todos teñen roupa, costumes, bailes e movementos característicos e moi antigos que paga a pena coñecer.
Contaremos coa visita ao colexio dos FELOS de Esgos e a MÁZCARA de Manzaneda …ámbolos dous son personaxes do Entroido da zona da Ribeira Sacra. Desfrutade da súa visita e do Entroido!!
Os FELOS visten camisa sometida, unhas polainas, medias brancas as que lles cosen uns lazos de cores, máscaras alongadas que levan pintadas animais, unha caiada e moitos esquilóns arredor da cintura.

As MÁZCARAS visten cun gran pucho en forma cónica, van adornadas con cintas de cores, bastón, polainas brancas, mantilla de flores cruzada, arredor da cintura unhas chocallas e bailan ou chanzan sen parar acompañando ó folión..


DÍA DA POESÍA
O 20 de marzo festexamos o día da poesía, o alumnado infantil e do primeiro ciclo recitará uns poemas dedicados a: Ribeira Sacra (“Ribas do Sil” curso de 2ºA), a primavera, o arco da vella, a natureza… Grazas a todos e todas polo voso esforzo, implicación e por transmitir tanto sentimento e emoción recitando poesías…sodes estupendos!!!

DÍA DO LIBRO
Día do libro, data especial que festexamos no colexio con diferentes actividades e todas relacionadas co mundo do libro. Encontro con escritores e escritoras, actividades de animación á lectura, conta contos, apadriñamento lector, exposicións…
O programa de radio deste mes, está dedicado ó libro, nesta ocasión entrevistamos a un gran lector do colexio. Sabes quen é?
Durante todo o ano as actividades e os programas de radio axudaron a dar difusión ó noso proxecto de centro: ”Coñecer a Ribeira Sacra”. A exposición de libros deste ano achéganos a este lugar que queremos dar a coñecer.
O mestre de música, Jose Luis Fernández Carnicero, escribiu un libro sobre “ A fábrica de chocolate en Teimende” . Este libro escrito coa testemuña e coa información aportada polas fillas do chocolateiro, Loli e Rosa, conta como a familia Casares puxo en marcha unha fábrica de chocolate, na aldea de Teimende en Parada do Sil ( Ribeira Sacra ). Hoxe é unha Casa Museo do Chocolate única en Galiza e que por suposto se pode visitar.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria terá, o luns 24 de abril, un encontro con dúas persoas relacionadas con esta Casa Museo do Chocolate.



DÍA DO LIBRO
As actividades de conta contos realizadas polo alumnado de 6º estiveron presentes un ano máis. Na semana do 17 ao 21 de abril as lendas da Ribeira Sacra e outros contos para os máis cativos, foron as lecturas seleccionadas para o tempo lector. Parabéns polo voso traballo !


VIDEOCLIP DO COUTOFEST DEDICADO Á RIBEIRA SACRA
Este é o videoclip creado por Jorge Pérez Garrido e cantado por todas as compañeiras e compañeiros de 5ºB para o COUTO FEST 2023 e dedicado á Ribeira Sacra.
Cada ano o voso nivel de participación é maior e mellor: escolledes canción, inventades letra en galego, tendes en conta o proxecto deste curso, cantades en grupo e por riba facedes videoclip….sodes incribles!
Grazas por compartilo.

FASE FINAL DO PROXECTO
O proxecto deste ano tiña como obxectivo dar a coñecer a Ribeira Sacra: a súa riqueza paisaxística, cultivos, mosteiros, miradoiros, encoros, ríos, fauna… Os traballos e as actividades feitas ao longo do curso, os encontros con xente da Ribeira, as lecturas, entrevistas e finalmente as excursións, deron como resultado unha exposición que as familias poden visitar ao longo desta semana.



Como recordo deste proxecto quedanos o Coutolin da Ribeira Sacra, en madeira de castiñeiro, nunha soa peza e feito por un gran artesán da madeira, Jesús Daniel Benavides “Bubaa”

Este é o vídeo final do proxecto sobre a Ribeira Sacra no que toda a comunidade educativa se implicou. Moitas grazas!