
Este é o terceiro proxecto que imos a desenvolver dende a biblioteca. Ten como principal obxectivo coñecer a nosa cidade a través de actividades, traballos, documentacións, vídeos, obradoiros, excursións; chegaremos ata lugares, monumentos, museos, rúas, barrios, parques; coñeceremos festas, oficios, persoas da nosa cidade de OURENSE.
Como parte deste proxecto xa estamos a colaborar coa RADIO falando da nosa cidade. Vamos coñecendo a orixe do nome, a festa do magosto…imos afondando na cidade na que vivimos.
Escoitade a compañeiras/os que xa participaron en tres programa de radio, son auténticos profesionais!!!!
Cadea Ser, programa “La ventana”, emítese os luns as sete da tarde.


DECEMBRO ESPECIAL
A piques de empezar as vacacións de Nadal, queremos lembrar algúns momentos que fixeron que decembro fose un mes moi especial.
Na biblioteca o obradoiro de pintar pedras, poido levarse a cabo coa vosa implicación, traballo e entusiasmo. Hoxe forman parte do decorado de Nadal do colexio. Grazas!!

Tamén tivemos momentos para a poesía. Nun ambiente alegre, relaxado e da man de Sabela Gago, o alumnado de 4ºA e 4ºB demostrastes que sodes grandes intérpretes.

Só queda agradecer a vosa solidariedade, a colaboración e implicación na campaña de recollida de alimentos e xoguetes da Operación Quilo. Un ano máis fostes estupendos!!


CONTOS EN NADAL
Dende Bibliocouto propoñemos para cada un destes doce días que quedan antes do Nadal, un conto ou unha curtametraxe.
Desexamos que vos guste!

BO NADAL
O equipo de Bibliocouto desexa que pasedes un bo Nadal; compartindo momentos, festexando, descansado e pasando tempo en familia.
Esperamos que o espíritu destas festas chegue as vosas casas e sexades moi felices.

CELEBRAMOS A PAZ
O 30 de xaneiro, Día da Paz, celebraremos que o mundo e as persoas poden ir mellor se hai comprensión, respecto e tolerancia. A paz non é algo que desexas, é algo que constrúes empregando: un sorriso, unha mirada, unhas verbas, unhas apertas… xa podemos empezar a facelo, diso todas e todos temos dabondo.
Isto foi o que fixeron as persoas que seleccionamos para facer este Genially. Estes son os TOP 10 DA PAZ
No obradoiro de xaneiro, propuxemos facer unhas pombas. Precisastes unha culler, un molde, un cartafol branco e paciencia. O resultado é espectacular, sodes xeniais… Moitas grazas pola vosa implicación!!


DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA
Este é o vídeo que Coutolín nos presenta para celebrar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA. Dalle unha volta a todo o que nos propón!!

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O próximo 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este é un día para lembrar que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e a tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.
A ciencia e a igualdade de xénero son importantes para construir unha sociedade de futuro, unha sociedade onde as mulleres teñan acceso pleno e equitativo á ciencia. E poidan ser o que elas queiran ser.
Foron moitas as nenas que se covertiron en mulleres científicas. Estas son algunhas das nosas científicas galegas que queremos que coñezades.

VISÍTANOS ANDREA MACEIRAS
O luns, 14 de febreiro, teremos no colexio a escritora Andrea Maceiras. Ela comentará co alumnado de quinto o seu libro “A folla azul”. Tamén asistirán os dous clubs de lectura, pois eles están a ler “Conta nove estrelas” da mesma autora.
Andrea Maceiras naceu en Coruña no ano 1987. Dende pequena sentiu paixón por contar contos e historias. É doutora en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Galega. Ten acadado moitos premios e os seus libros son moi lidos entre a xente nova.
Se queres saber máis sobre esta escritora preme neste link: https://andreamaceiras.com/biografia/
Todo está preparado…grazas aos que colaborastes no pintado das letras e na lectura dos seus libros. Benvida Andrea Maceiras!!



ENCONTRO COA AUTORA
O luns, 14 de febreiro, realizamos a actividade de “Animación á lectura” promovida pola Concellería de Educación.
A escritora Andrea Maceiras veu falar do seu libro “A folla azul”. Un libro que narra a vida de tribos indíxenas que viven na Amazonia dende o inicio dos tempos. Algunha desas tribos decidiron permanecer ocultas no corazón da selva. Husu Aké membro da tribo dos Tacaré narra a súa historia.
Ese día disfrutamos da presentación que a autora nos preparou e logo tivemos oportunidade de facerlle preguntas sobre o libro. Foi un pracer escoitala e de que estivera con nós.
Agradecemos que tamén permitise a presencia do club de lectura de cuarto, que dedicase algún tempo a falar con eles do libro “Conta nove estrelas”, e como non… da firma dos libros.


DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Celebramos o “Día da muller e a nena na ciencia”, grazas unha vez máis por colaborar nos obradoiros.


DÍA DE ROSALÍA
23 de febreiro, nesta data naceu Rosalía de Castro, muller importante para o galego, para as galegas e galegos. Adiantada a súa época, soubo transmitir forza, amor, tenrura e dor dende a palabra. Deixounos un legado poético que debemos coñecer e valorar.
Lembrade que na páxina web do colexio o Equipo de Normalización ten actividades relacionadas coa escritora, non esquezades visitala.
No colexio non podía faltar a nosa homenaxe a Rosalía. Traballos, debuxos, poemas, fotos, libros e música…todo é pouco para achegarnos a esta gran muller: nai, escritora, defensora do galego e adiantada ó seu tempo... ROSALÍA SEMPRE


ENTROIDO
Este foi o vídeo que preparou o equipo da biblioteca para ver como se celebra o entroido nalgúns barrios da nosa cidade.
O entroido é unha festa chea de cor, música e disfraces. Hai barrios que teñen tradición e personaxes propias. Así é coñecida a máscara da “Pita de Eiroás”, os mecos “Paquita e Nicanor” de Seixalbo ou os confrades de “Frei Canedo” no barrio da Ponte.
No colexio este ano cada quen veu do que quixo e bailamos ata cansar.


DÍA DA POESÍA
O 21 de marzo, conmemoramos O día Mundial do Síndrome de Down e O Día Mundial da Poesía. Hoxe lembramos que todos somos iguais e ó mesmo tempo diferentes, que o mundo non debe ter barreiras e que temos que poñer un pouco máis de poesía nas nosas vidas.
Hoxe celebramos que todos debemos ter as mesmas oportunidades e que debemos disfrutar de cousas tan fermosas como a poesía.

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO
Esta semana é moi especial, o 23 de abril celebramos o Día do libro. Haberá actividades de contacontos, realizadas polos compañeiros/as de 6º e tamén mestras; animación á lectura con Sabel Gago e Anxo Moure; encontro cos autores, exposicións e un programa na radio moi especial. Desexamos que vos gusten.
Grazas a todos os que contades contos, axudades na biblioteca, facedes obradoiros, ledes libros, visitades o blog, enviades fotos… grazas a vós podemos festexar o DÍA DO LIBRO.


DÍA DO LIBRO
Este ano o Día do Libro foi dedicado a todos as escritoras e escritores ourensáns. O proxecto do colexio é dar a coñecer un pouco máis e mellor a nosa cidade, por iso inauguramos a festividade do libro cun paseo da fama de escritores.
Pero é mellor que sexa Coutolin o encargado de lembrarvos todo o que fixemos nesa semana dedicada ó LIBRO.
Por suposto non faltaron os contacontos da nosa rapazada de sexto; as actividades de animación á lectura de grandes profesionais, como Sabela Gago e Anxo Moure, que sempre son benvidos ao noso colexio; agasallos para os que leron e len; marcadores de páxinas; música da man da mestra Elisa… e un PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO dedicado as nosas escritoras e escritores ourensáns.
A exposición ten como obxectivo dar a coñecer estas autoras/es; achegarnos a elas/es; que saibamos o que escriben; que recoñezamos os seus nomes en rúas e parques; lugares da cidade onde viviron…en fin, é un bo momento para saber deles.

No obradoiro da biblioteca fixemos marcadores de páxina. O código QR que leva incorporado é unha ligazón co día inaugural do Libro.

Unha vez máis grazas pola vosa colaboración e esperamos poder amosar pronto un gran libro sobre a CIDADE DE OURENSE que estamos a facer todos xuntos.

17 DE MAIO, LETRAS GALEGAS
Maio é un mes especial xa que celebramos o Día das Letras Galegas, este ano está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán. Naceu en Córgomo, unha aldea do Valdeorras, Ourense. Foi avogado, escritor e membro da Real Academia Galega e esta dedícalle o Día das Letras Galegas 2022, pola súa contribución a defensa do noso idioma e da nosa cultura.
Se queredes saber un pouco máis deste escritor, velaquí tedes estes vídeos sobre el.
Se preferides poñer a proba canto sabedes de Florencio Delgado, este Genialy.ly será todo un reto.
Se prefires facer unhas manualidades suxerimos estes marcapáxinas sobre o escritor.
Con motivo desta festividade, esta semana no obradoiro da biblioteca fixemos pulseiras reciclando botellas de plástico. As cales cumpren cas 3B’s: bó, bonito e barato! Sodes uns artistas!!


VISITAMOS AS BIBLIOTECAS DA CIDADE
O 24 de maio o club de lectura de 4ºA e 6ºA visitaron a biblioteca pública Nós. O proxecto deste ano, coñecer un pouco máis a cidade na que vivimos, levounos ata alí. Esta visita permitiunos saber como funciona, onde está, o seu horario e servizos que ofrece.

O alumnado de 1º e 2º tamén está a visitar as bibliotecas da nosa cidade, neste caso foi a biblioteca municipal da Ponte. Alí tiveron ocasión de ver moitos contos e de compartilos cos amig@s e compañeir@s.


25 DE MAIO, ENCONTRO CO AUTOR
O 25 de maio o alumnado de 3ºA e 4º co seu club de lectura, tiveron encontro cos autores. Érica Esmoris autora do libro “Patio de Luces” tivo unha charla na que explicou o que a inspirou a escribir o libro, como escolleu aos protagonistas, canto tempo tardou… respondeu ás preguntas que se fixeron e asinou libros. Foi un pracer gozar da súa compañía. Ata un novo encontro Érica!!

Ese mesmo día visitounos o escritor Pere Tobaruela, autor do libro “ Formigas, Misión Camiño de Santiago” e “Formigas, Misión Rosalía” entre outros. Aínda que naceu en Barcelona leva anos vivindo en Galicia. Escribe contos, novelas, biografías, libro ilustrado e banda deseñada. Seguro que o ano que vén volverémolo ver no colexio!!


PARTICIPAMOS NO SUPERTMATIK
O Campionato Internacional SuperTmatik de Cálculo Mental xa ten gañadores. Parabéns a Daniel Rodríguez de 3ºB polo fantástico resultado acadado neste concurso internacional e tamén aos que participaron representando ao noso colexio: Noa Domínguez, Roi Fernández e Sebastián Fernández de 3ºA e Xián Montecelo, Sergio Pérez e Daniel Rodríguez de 3ºB…Parabéns tamén aos seus titores!!!!!


DESPEDIDAS
Dende o blog queremos despedirnos do/as alumnos/as de sexto, os cales inician unha nova etapa chea de soños e inquedanzas. Así mesmo, dos mestres/as que este ano estiveron con nós no colexio e que teñen novos destinos; tamén daqueles mestres/as que este ano remataron ou rematan a súa etapa como docentes . Dende o equipo da biblioteca agradecemos a vosa entrega e axuda, desexando que todo vos vaia ben. Ata pronto!

A todos vós, nenos e nenas do colexio, aproveitade este tempo de lecer para pasalo ben. Disfrutade das pequenas cousas da vida, do bo tempo, da familia e dos amigos. Sede moi felices e non vos esquezades LER.

REMATANDO
Chegan as vacacións e dende bibliocouto desexamos que teñades un bo verán!!
Esta páxina do blog pon punto final ao proxecto “Coñecendo a nosa cidade”, que comezou en outubro e que gracias a todos vós remata con gran satisfacción. Neste vídeo podedes ver os vosos traballos . Non hai que dicirvos que a letra da canción é orixinal e que a mestra Elisa é quen a canta. Desfrutádeo!

VACACIÓNS
Chegaron as vacacións!! Despois de tantos meses de traballo, chegou o tempo de lecer e… nada mellor para o verán que levar un gran libro na man.
Coutolin fixo unha selección de libros que desexamos vos gusten.
Foi un pracer acompañarvos durante este tempo co blog da biblioteca. Esperamos vervos á volta do verán. Ata entón… descansade e pasadeo moi ben!!!