A piques de empezar as vacacións de Nadal, queremos lembrar algúns momentos que fixeron que decembro fose un mes moi especial.
Na biblioteca o obradoiro de pintar pedras, poido levarse a cabo coa vosa implicación, traballo e entusiasmo. Hoxe forman parte do decorado de Nadal do colexio. Grazas!!
Obradoiro de decembro
Tamén tivemos momentos para a poesía. Nun ambiente alegre, relaxado e da man de Sabela Gago, o alumnado de 4ºA e 4ºB demostrastes que sodes grandes intérpretes.
Só queda agradecer a vosa solidariedade, a colaboración e implicación na campaña de recollida de alimentos e xoguetes da Operación Quilo. Un ano máis fostes estupendos!!
O pasado mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares.
O folleto que publica Bibliotecas Escolares de Galicia, amosa unha imaxe e a difusión dun texto de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial.
Na biblioteca dedicamos o mes a facer obradoiros e tamén desfrutamos coa exposición de experimentos realizados polos alumnos/ as da Aula Sirius do colexio.
A ciencia tamén foi o tema do traballo para o programa da radio e para o proxecto “Coñecendo a nosa cidade”. Nesta ocasión lembramos as rúas que teñen nomes de científicos coma: Doutor Fleming, Doutor Temes e a de Marie Curie.
Afondamos na Aula Newton que ofrece aprendizaxe en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas para estudantes de 14 a 16 anos e lembramos o certame de Galiciencia , a maior feira científica para estudantes de Primaria, de Secundaria e Bacharelato.
A nosa biblioteca xa está funcionando na hora dos recreos, pero aínda faltaba a súa incorporación na páxina web do colexio…Conseguido!!
Dende agora presentaremos as novas da biblioteca neste novo blog!!
Este ano hai moitas novidades e queremos que todas/os as coñezades.
-Por fin Bibliocouto forma parte da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Este é o logo e este é o lema de bibliotecas escolares para este ano.
-Xa temos mascota, chámase COUTOLIN e vainos acompañar en todas as actividades relacionadas coa biblioteca.
-Temos un novo proxecto de centro : “Coñecendo a nosa cidade”
Coñeceremos a nosa cidade a través de actividades, traballos, documentacións, vídeos, obradoiros, excursións. Chegaremos ata lugares, monumentos, museos, rúas, barrios, parques; coñeceremos festas, oficios, persoas da nosa cidade de OURENSE.
Como parte deste proxecto xa estamos a colaborar coa RADIO falando da nosa cidade. Vamos coñecendo a orixe do nome, a festa do magosto…imos afondando na cidade na que vivimos.
Escoitade a compañeiras/os que xa participaron en tres programa de radio, son auténticos profesionais!!!!
Cadea Ser, programa “La ventana”, emítese os luns as sete da tarde.
-Este ano haberá clubs de lectura. Haberá un club en cuarto e outro en sexto, terán as súas xuntanzas os luns na hora do recreo.
O noso club de lectura chámase “OS COUTOLINES”, na honra da nosa mascota COUTOLIN por suposto.
Para seguir as novas do club, fai click no apartado superior que pon CLUB DE LECTURA