Publicado en Sin categoría

DÍA DA MULLER

O 8 de Marzo celebramos o Día da Muller. Neste data lembramos a todas aquelas mulleres que, loitaron con valor contra as dificultades do seu tempo para poder acadar as súas metas e, por suposto, a todas aquelas que aínda hoxe ven vulnerados os seus dereitos.

A muller representa enerxía, valor e determinación. Xuntos debemos construir unha sociedade xusta e igualitaria onde as nenas dende pequenas se sintan poderosas, solidarias e felices.

Vaia a nosa páxina da biblioteca dedicada a todas elas.


Nestas curtas e libros que vos propoñemos, atoparedes a unhas protagonistas: fortes, valentes, libres e seguras de si mesmas. Unha proposta para cada día da semana.


No libro “Mujeres insolentes de la historia” atoparedes mulleres que tardaron en aparecer nos libros, a historia esqueceuse delas. Foron valentes, talentosas e arriscadas. Merece a pena coñecelas.

A todas as mulleres traballadoras, soñadoras, apaixonadas, intelixentes, complicadas, arriscadas, valentes, atrevidas… Feliz día!!

Publicado en Sin categoría

O DÍA DE ROSALÍA

23 de febreiro, nesta data naceu Rosalía de Castro, muller importante para o galego, para as galegas e galegos. Adiantada a súa época, soubo transmitir forza, amor, tenrura e dor dende a palabra. Deixounos un legado poético que debemos coñecer e valorar.

Lembrade que na páxina web do colexio o Equipo de Normalización ten actividades relacionadas coa escritora, non esquezades visitala.

“Rosalía Pequeniña” é o título dun disco libro interpretado pola cantante Uxía. Ela achéganos a unha Rosalía nena, pequena e soñadora.

A Unión Astronómica Internacional en decembro de 2019, púxolle a unha estrela situada a 240 anos luz de nós o nome de “Rosaliadecastro”.

No colexio non podía faltar a nosa homenaxe a Rosalía. Traballos, debuxos, poemas, fotos, libros e música…todo é pouco para achegarnos a esta gran muller: nai, escritora, defensora do galego e adiantada ó seu tempo... ROSALÍA SEMPRE

Publicado en Sin categoría

ENCONTRO COA AUTORA ANDREA MACEIRAS

O luns, 14 de febreiro, realizamos a actividade de “Animación á lectura” promovida pola Concellería de Educación.

A escritora Andrea Maceiras veu falar do seu libro “A folla azul”. Un libro que narra a vida de tribos indíxenas que viven na Amazonia dende o inicio dos tempos. Algunha desas tribos decidiron permanecer ocultas no corazón da selva. Husu Aké membro da tribo dos Tacaré narra a súa historia.

Ese día disfrutamos da presentación que a autora nos preparou e logo tivemos oportunidade de facerlle preguntas sobre o libro. Foi un pracer escoitala e de que estivera con nós.

Agradecemos que tamén permitise a presencia do club de lectura de cuarto, que dedicase algún tempo a falar con eles do libro “Conta nove estrelas”, e como non… da firma dos libros.

ENCONTRO CO ALUMNADO DE QUINTO, LIBRO “A FOLLA AZUL
ENCONTRO CO CLUB DE LECTURA DE CUARTO, LIBRO “CONTA NOVE ESTRELAS”

Celebramos o “Día da muller e a nena na ciencia”, grazas unha vez máis por colaborar nos obradoiros.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Publicado en Sin categoría

VISÍTANOS ANDREA MACEIRAS

O luns, 14 de febreiro, teremos no colexio a escritora Andrea Maceiras. Ela comentará co alumnado de quinto o seu libro “A folla azul”. Tamén asistirán os dous clubs de lectura, pois eles están a ler “Conta nove estrelas” da mesma autora.

Andrea Maceiras naceu en Coruña no ano 1987. Dende pequena sentiu paixón por contar contos e historias. É doutora en Filoloxía Hispánica e licenciada en Filoloxía Galega. Ten acadado moitos premios e os seus libros son moi lidos entre a xente nova.

Se queres saber máis sobre esta escritora preme neste link: https://andreamaceiras.com/biografia/

Todo está preparado…grazas aos que colaborastes no pintado das letras e na lectura dos seus libros. Benvida Andrea Maceiras!!

A escritora Andrea Maceiras.

Para comezar a semana, propoñemos unha curta que trata da amizade, da constancia e como non… do amor. Desexamos que vos guste!!

Publicado en Sin categoría

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O próximo 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este é un día para lembrar que as mulleres e as nenas desempeñan un papel fundamental na ciencia e a tecnoloxía e que a súa participación debe fortalecerse.

A ciencia e a igualdade de xénero son importantes para construir unha sociedade de futuro, unha sociedade onde as mulleres teñan acceso pleno e equitativo á ciencia. E poidan ser o que elas queiran ser.


Foron moitas as nenas que se covertiron en mulleres científicas. Estas son algunhas das nosas científicas galegas que queremos que coñezades.


Para os máis cativos propoñemos estes vídeos, esperamos vos fagan pensar e vos gusten.


Publicado en Sin categoría

CELEBRAMOS A PAZ

O 30 de xaneiro, Día da Paz, celebraremos que o mundo e as persoas poden ir mellor se hai comprensión, respecto e tolerancia. A paz non é algo que desexas, é algo que constrúes empregando: un sorriso, unha mirada, unhas verbas, unhas apertas… xa podemos empezar a facelo, diso todas e todos temos dabondo.

Isto foi o que fixeron as persoas que seleccionamos para facer este Genially. Estes son os TOP 10 DA PAZ.

Se queres saber algo máis sobre eles só tes que coller un código QR, levalo para casa e escanear dende un teléfono móbil. Proba…!!


Para festexar ben o Día da Paz, tamén propoñemos sete días de contos e curtas, un para cada día. Desexamos que vos gusten!!


Os libros non poden faltar nesta celebración, estes títulos pódense ler e ver na biblioteca do colexio, tamén se poden levar a clase para ler no tempo lector, se tes algunha dúbida ou precisas axuda, consulta coa bibliotecaria.

LIBROS PARA CELEBRAR A PAZ

No obradoiro de xaneiro, propuxemos facer unhas pombas. Precisastes unha culler, un molde, un cartafol branco e paciencia. O resultado é espectacular, sodes xeniais… Moitas grazas pola vosa implicación!! 

Por suposto cando remate a exposición poderes levar as vosas pombas da paz.


Publicado en Sin categoría

XANEIRO, NA PROCURA DA PAZ

Aproximase o día da Paz, é momento de pensar sobre o que podemos facer dende a empatía, a comprensión e o respecto polas diferenzas.

Esta semana propoñemos a curta “Ratón en venta” para ver e pensar.

Un conto con gran lección para aprender: “Pez Arcoiris”