Publicado en Sin categoría

LECTURAS PARA O VERÁN

Por fin vacacións!! Despois de tantos meses de traballo, chegou o tempo de lecer e… nada mellor para o verán que levar un gran libro na man.

Aquí vos deixamos algunhas propostas de lecturas para as vacacións. Aproveitade para ser moi felices e pasádeo ben coa familia e os amigos.

Vémonos en setembro!


Este é o RAP que o club de lectura de 6º fixo para o libro “O Neno Can” de Fina Casalderrey e Francisco Castro. Desexamos que a experiencia de estar no club fose positiva, que as lecturas seleccionadas fosen acertadas e que os encontros con autores e compañeiros, vos achegaran ao gran mundo da lectura.

Ánimo e a seguir medrando como lectores!

CLUB DE LECTURA DE 6º

Este é o videoclip creado por Jorge Pérez Garrido e cantado por todas as compañeiras e compañeiros de 5ºB para o COUTO FEST 2023 e dedicado á Ribeira Sacra.

Cada ano o voso nivel de participación é maior e mellor: escolledes canción, inventades letra en galego, tendes en conta o proxecto deste curso, cantades en grupo e por riba facedes videoclip….sodes incribles!

Grazas por compartilo.


O proxecto deste ano tiña como obxectivo dar a coñecer a Ribeira Sacra: a súa riqueza paisaxística, cultivos, mosteiros, miradoiros, encoros, ríos, fauna… Os traballos e as actividades feitas ao longo do curso, os encontros con xente da Ribeira, as lecturas, entrevistas e finalmente as excursións, deron como resultado unha exposición que as familias poden visitar ao longo desta semana.


Felices vacacións e bo verán…vémonos en setembro!