Chegan as vacacións e dende bibliocouto desexamos que teñades un bo verán!!
Esta páxina do blog pon punto final ao proxecto “Coñecendo a nosa cidade”, que comezou en outubro e que gracias a todos vós remata con gran satisfacción. Neste vídeo podedes ver os vosos traballos . Non hai que dicirvos que a letra da canción é orixinal e que a mestra Elisa é quen a canta. Desfrutádeo!
Durante o curso e na Aula Sirius, foron moitas as actividades levadas a cabo para: celebrar datas, pescudar sobre certos temas ou simplemente para facer unha boa partida de xadrez. Podedes ver na pestana Normalización os vídeos e os traballos realizados durante este ano. Asegúrovos que paga a pena!!
Dende o blog queremos despedirnos do/as alumnos/as de sexto, os cales inician unha nova etapa chea de soños e inquedanzas. Así mesmo, dos mestres/as que este ano estiveron con nós no colexio e que teñen novos destinos; tamén daqueles mestres/as que este ano remataron ou rematan a súa etapa como docentes . Dende o equipo da biblioteca agradecemos a vosa entrega e axuda, desexando que todo vos vaia ben. Ata pronto!

A todos vós, nenos e nenas do colexio, aproveitade este tempo de lecer para pasalo ben. Disfrutade das pequenas cousas da vida, do bo tempo, da familia e dos amigos. Sede moi felices e non vos esquezades LER.