Publicado en Sin categoría

XUÑO, REMATANDO O CURSO

O curso vai rematando e queremos lembrarvos algunhas das actividades feitas neste último mes. Antes de nada dicirvos que o 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Esta xornada ten como obxectivo, concienciar sobre a importancia de vivir de xeito sostible e en harmonía coa natureza. O tema deste ano é “ Unha soa terra”.

O quecemento global , a perda de hábitats de millóns de especies xunto coa contaminación ambiental afecta negativamente o aire, a terra e a auga. Que debemos facer? Escoita a canción que de seguro che dará algúns consellos.


O Campionato Internacional SuperTmatik de Cálculo Mental xa ten gañadores. Parabéns a Daniel Rodríguez de 3ºB polo fantástico resultado acadado neste concurso internacional e tamén aos que participaron representando ao noso colexio: Noa Domínguez, Roi Fernández e Sebastián Fernández de 3ºA e Xián Montecelo, Sergio Pérez e Daniel Rodríguez de 3ºB…Parabéns tamén aos seus titores!!!!!

PARTICIPANTES DO CONCURSO SUPERTMATIK

O 24 de maio o club de lectura de 4ºA e 6ºA visitaron a biblioteca pública Nós. O proxecto deste ano, coñecer un pouco máis a cidade na que vivimos, levounos ata alí. Esta visita permitiunos saber como funciona, onde está, o seu horario e servizos que ofrece.

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA NÓS

O alumnado de 1º e 2º tamén está a visitar as bibliotecas da nosa cidade, neste caso foi a biblioteca municipal da Ponte. Alí tiveron ocasión de ver moitos contos e de compartilos cos amig@s e compañeir@s.

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DA PONTE

O 25 de maio o alumnado de 3ºA e 4º co seu club de lectura, tiveron encontro cos autores. Érica Esmoris autora do libro “Patio de Luces” tivo unha charla na que explicou o que a inspirou a escribir o libro, como escolleu aos protagonistas, canto tempo tardou… respondeu ás preguntas que se fixeron e asinou libros. Foi un pracer gozar da súa compañía. Ata un novo encontro Érica!!

ENCONTRO COA ESCRITORA ÉRICA ESMORIS

Ese mesmo día visitounos o escritor Pere Tobaruela, autor do libro “ Formigas, Misión Camiño de Santiago” e “Formigas, Misión Rosalía” entre outros. Aínda que naceu en Barcelona leva anos vivindo en Galicia. Escribe contos, novelas, biografías, libro ilustrado e banda deseñada. Seguro que o ano que vén volverémolo ver no colexio!!

ENCONTRO CO AUTOR PERE TOBARUELA

Queremos rematar esta páxina do blog cunhas bonitas imaxes do baile organizado polas Letras Galegas. Lembrade que na páxina de normalización lingüística podedes ver o vídeo do baile en Sas e en Greco, así como un resumo da “1ª edición do Couto Fest” e do reto “Eu falo Galego”.

BAILE DAS TANXUGUEIRAS

Agardamos que nestes derradeiros días do curso, disfrutedes das excursións programadas e das festas de graduación.

Coutolin xa está a preparar as recomendacións lectoras para este verán 2022…