Publicado en Sin categoría

LECTURAS PARA O VERÁN

Chegaron as vacacións!! Despois de tantos meses de traballo, chegou o tempo de lecer e… nada mellor para o verán que levar un gran libro na man.

Coutolin fixo unha selección de libros que desexamos vos gusten.

LIBROS QUE VOS PODEN GUSTAR
lecturas para o verán

Libros para o verán…

Foi un pracer acompañarvos durante este tempo co blog da biblioteca. Esperamos vervos á volta do verán. Ata entón… descansade e pasadeo moi ben!!!

Publicado en Sin categoría

VACACIÓNS

Chegan as vacacións e dende bibliocouto desexamos que teñades un bo verán!!

Esta páxina do blog pon punto final ao proxecto “Coñecendo a nosa cidade”, que comezou en outubro e que gracias a todos vós remata con gran satisfacción. Neste vídeo podedes ver os vosos traballos . Non hai que dicirvos que a letra da canción é orixinal e que a mestra Elisa é quen a canta. Desfrutádeo!

VÍDEO FINAL DO PROXECTO “COÑECENDO A NOSA CIDADE”

Durante o curso e na Aula Sirius, foron moitas as actividades levadas a cabo para: celebrar datas, pescudar sobre certos temas ou simplemente para facer unha boa partida de xadrez. Podedes ver na pestana Normalización os vídeos e os traballos realizados durante este ano. Asegúrovos que paga a pena!!

PARTIDA DE XADREZ

Dende o blog queremos despedirnos do/as alumnos/as de sexto, os cales inician unha nova etapa chea de soños e inquedanzas. Así mesmo, dos mestres/as que este ano estiveron con nós no colexio e que teñen novos destinos; tamén daqueles mestres/as que este ano remataron ou rematan a súa etapa como docentes . Dende o equipo da biblioteca agradecemos a vosa entrega e axuda, desexando que todo vos vaia ben. Ata pronto!


A todos vós, nenos e nenas do colexio, aproveitade este tempo de lecer para pasalo ben. Disfrutade das pequenas cousas da vida, do bo tempo, da familia e dos amigos. Sede moi felices e non vos esquezades LER.

Publicado en Sin categoría

XUÑO, REMATANDO O CURSO

O curso vai rematando e queremos lembrarvos algunhas das actividades feitas neste último mes. Antes de nada dicirvos que o 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Esta xornada ten como obxectivo, concienciar sobre a importancia de vivir de xeito sostible e en harmonía coa natureza. O tema deste ano é “ Unha soa terra”.

O quecemento global , a perda de hábitats de millóns de especies xunto coa contaminación ambiental afecta negativamente o aire, a terra e a auga. Que debemos facer? Escoita a canción que de seguro che dará algúns consellos.


O Campionato Internacional SuperTmatik de Cálculo Mental xa ten gañadores. Parabéns a Daniel Rodríguez de 3ºB polo fantástico resultado acadado neste concurso internacional e tamén aos que participaron representando ao noso colexio: Noa Domínguez, Roi Fernández e Sebastián Fernández de 3ºA e Xián Montecelo, Sergio Pérez e Daniel Rodríguez de 3ºB…Parabéns tamén aos seus titores!!!!!

PARTICIPANTES DO CONCURSO SUPERTMATIK

O 24 de maio o club de lectura de 4ºA e 6ºA visitaron a biblioteca pública Nós. O proxecto deste ano, coñecer un pouco máis a cidade na que vivimos, levounos ata alí. Esta visita permitiunos saber como funciona, onde está, o seu horario e servizos que ofrece.

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA NÓS

O alumnado de 1º e 2º tamén está a visitar as bibliotecas da nosa cidade, neste caso foi a biblioteca municipal da Ponte. Alí tiveron ocasión de ver moitos contos e de compartilos cos amig@s e compañeir@s.

VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DA PONTE

O 25 de maio o alumnado de 3ºA e 4º co seu club de lectura, tiveron encontro cos autores. Érica Esmoris autora do libro “Patio de Luces” tivo unha charla na que explicou o que a inspirou a escribir o libro, como escolleu aos protagonistas, canto tempo tardou… respondeu ás preguntas que se fixeron e asinou libros. Foi un pracer gozar da súa compañía. Ata un novo encontro Érica!!

ENCONTRO COA ESCRITORA ÉRICA ESMORIS

Ese mesmo día visitounos o escritor Pere Tobaruela, autor do libro “ Formigas, Misión Camiño de Santiago” e “Formigas, Misión Rosalía” entre outros. Aínda que naceu en Barcelona leva anos vivindo en Galicia. Escribe contos, novelas, biografías, libro ilustrado e banda deseñada. Seguro que o ano que vén volverémolo ver no colexio!!

ENCONTRO CO AUTOR PERE TOBARUELA

Queremos rematar esta páxina do blog cunhas bonitas imaxes do baile organizado polas Letras Galegas. Lembrade que na páxina de normalización lingüística podedes ver o vídeo do baile en Sas e en Greco, así como un resumo da “1ª edición do Couto Fest” e do reto “Eu falo Galego”.

BAILE DAS TANXUGUEIRAS

Agardamos que nestes derradeiros días do curso, disfrutedes das excursións programadas e das festas de graduación.

Coutolin xa está a preparar as recomendacións lectoras para este verán 2022…