Este ano o Día do Libro foi dedicado a todos as escritoras e escritores ourensáns. O proxecto do colexio é dar a coñecer un pouco máis e mellor a nosa cidade, por iso inauguramos a festividade do libro cun paseo da fama de escritores.
Pero é mellor que sexa Coutolin o encargado de lembrarvos todo o que fixemos nesa semana dedicada ó LIBRO.
Por suposto non faltaron os contacontos da nosa rapazada de sexto; as actividades de animación á lectura de grandes profesionais, como Sabela Gago e Anxo Moure, que sempre son benvidos ao noso colexio; agasallos para os que leron e len; marcadores de páxinas; música da man da mestra Elisa… e un PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO dedicado as nosas escritoras e escritores ourensáns.
A exposición ten como obxectivo dar a coñecer estas autoras/es; achegarnos a elas/es; que saibamos o que escriben; que recoñezamos os seus nomes en rúas e parques; lugares da cidade onde viviron…en fin, é un bo momento para saber deles.

No obradoiro da biblioteca fixemos marcadores de páxina. O código QR que leva incorporado é unha ligazón co día inaugural do Libro.

Para o concurso de Agus and monsters queremos amosar algúns dos ready made que fixeron os participantes…Boa sorte!!

Unha vez máis grazas pola vosa colaboración e esperamos poder amosar pronto un gran libro sobre a CIDADE DE OURENSE que estamos a facer todos xuntos.