Publicado en Sin categoría

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Benvidos unha vez máis a nosa biblioteca virtual.

Esta semana é moi especial, o 23 de abril celebramos o Día do libro. Haberá actividades de contacontos, realizadas polos compañeiros/as de 6º e tamén mestras; animación á lectura con Sabela Gago e Anxo Moure; encontro cos autores, exposicións e un programa na radio moi especial. Desexamos que vos gusten.

Imos empezar cuns vídeos que nos informan da importancia desta data e doutras curiosidades.


O mundo no que vivimos non sería igual sen a existencia dos libros. As verbas, o significado das cousas, as aprendizaxes teñen sentido a carón dos libros. ”Los fantásticos libros del Señor Morris Lessmore”, amosa precisamente o amor polos libros e a capacidade que estes teñen para cambiar as nosas vidas.


Durante todo este ano os programas na radio axudaron a dar difusión ó noso proxecto de centro: “Coñecer a nosa cidade”. Nesta ocasión o programa é moi especial, non só polo gran número de participantes, senón porque nos achega a escritores e escritoras que foron e son importantes para a nosa cidade, e porque sen eles os libros non existirían.

Made with Padlet

Grazas a todos os que contades contos, axudades na biblioteca, facedes obradoiros, ledes libros, visitades o blog, enviades fotos… grazas a vós podemos festexar o DÍA DO LIBRO.


Só queda lembrarvos que este sábado no centro comercial haberá encontro con escritores e escritoras da nosa cidade, é unha boa ocasión para coñecelos, ademáis haberá actividades para todas as idades…non deixedes de ir.