Abril é o mes dedicado ao libro. O día 2 conmemórase o Día do Libro Infantil, e cada ano un país membro do IBBY (International board on books for young people) encárgase desta celebración, facendo un cartel que inspire a todas as nenas e nenos do mundo, o amor pola lectura e os libros. Este é o cartel deste ano.

Esta data lembra o nacemento de Hans Christian Andersen, escritor e poeta danés (Dinamarca), famoso polos seus contos para nenas e nenos. Propoñemos este vídeo para que coñezades un pouco máis a este autor.
Foron moitos os contos que escribiu, entre eles: “A princesa e o chícharo”, ” O soldadiño de chumbo”, ” A sereíña”, “O traxe novo do emperador” e como non… ” O parruliño feo”.
Seguimos celebrando o Día da Poesía cos vosos recitais poéticos. Grazas pola colaboración aos cursos de tres, catro e cinco anos de infantil e aos cursos de primeiro e segundo de primaria. É un verdadeiro pracer escoitarvos, sodes xeniais!!