Publicado en Sin categoría

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Benvidos unha vez máis a nosa biblioteca virtual.

Esta semana é moi especial, o 23 de abril celebramos o Día do libro. Haberá actividades de contacontos, realizadas polos compañeiros/as de 6º e tamén mestras; animación á lectura con Sabela Gago e Anxo Moure; encontro cos autores, exposicións e un programa na radio moi especial. Desexamos que vos gusten.

Imos empezar cuns vídeos que nos informan da importancia desta data e doutras curiosidades.


O mundo no que vivimos non sería igual sen a existencia dos libros. As verbas, o significado das cousas, as aprendizaxes teñen sentido a carón dos libros. ”Los fantásticos libros del Señor Morris Lessmore”, amosa precisamente o amor polos libros e a capacidade que estes teñen para cambiar as nosas vidas.


Durante todo este ano os programas na radio axudaron a dar difusión ó noso proxecto de centro: “Coñecer a nosa cidade”. Nesta ocasión o programa é moi especial, non só polo gran número de participantes, senón porque nos achega a escritores e escritoras que foron e son importantes para a nosa cidade, e porque sen eles os libros non existirían.

Made with Padlet

Grazas a todos os que contades contos, axudades na biblioteca, facedes obradoiros, ledes libros, visitades o blog, enviades fotos… grazas a vós podemos festexar o DÍA DO LIBRO.


Só queda lembrarvos que este sábado no centro comercial haberá encontro con escritores e escritoras da nosa cidade, é unha boa ocasión para coñecelos, ademáis haberá actividades para todas as idades…non deixedes de ir.

Publicado en Sin categoría

REMATAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE

Rematamos o segundo trimestre, desexamos que disfrutedes deste tempo de lecer que agora comeza, e non vos esquezades de que á volta festexaremos o Día do Libro.

O pasado 2 de abril foi o Día Mundial do Autismo , outro día máis para celebrar con amor e agarimo, pois as diferenzas forman parte da nosa vida e da nosa convivencia.


Lembrade que o 29 de abril remata o prazo para presentar os traballos do concurso de Agus and monsters. Para participar hai que ter entre 6 e 12 anos, facer un ready-made e presentalo na biblioteca. Lembrade que en anos anteriores gañaron o concurso alumnas do noso colexio… a participar e gañar!!!!


Queremos retomar unha actividade que fixemos hai dous anos durante a pandemia. Trátase de que fagades unha foto co voso libro favorito, aquel que máis vos gusta ou se preferides contalo, coa axuda da vosa familia, tamén pode ser. As fotos e os vídeos podedes envialos a esta dirección: bibliocouto@gmail.com e á volta das vacacións serán publicadas no blog da biblio.


O último obradoiro da biblioteca dedicámolo a facer pulseiras con aderezos, estas son as fotos…grazas unha vez máis a todas e todos pola vosa colaboración!!


QUE TEÑADES UNHAS MERECIDAS E FELICES VACACIÓNS…VÉMONOS!!!!!!

Publicado en Sin categoría

ABRIL, MES DO LIBRO

Abril é o mes dedicado ao libro. O día 2 conmemórase o Día do Libro Infantil, e cada ano un país membro do IBBY (International board on books for young people) encárgase desta celebración, facendo un cartel que inspire a todas as nenas e nenos do mundo, o amor pola lectura e os libros. Este é o cartel deste ano.

Esta data lembra o nacemento de Hans Christian Andersen, escritor e poeta danés (Dinamarca), famoso polos seus contos para nenas e nenos. Propoñemos este vídeo para que coñezades un pouco máis a este autor.

Foron moitos os contos que escribiu, entre eles: “A princesa e o chícharo”, ” O soldadiño de chumbo”, ” A sereíña”, “O traxe novo do emperador” e como non… ” O parruliño feo”.


Seguimos celebrando o Día da Poesía cos vosos recitais poéticos. Grazas pola colaboración aos cursos de tres, catro e cinco anos de infantil e aos cursos de primeiro e segundo de primaria. É un verdadeiro pracer escoitarvos, sodes xeniais!!

Made with Padlet
(Lembra mover a liña branca do fondo para escoller a poesía que queiras escoitar)