Este foi o vídeo que preparou o equipo da biblioteca para ver como se celebra o entroido nalgúns barrios da nosa cidade.
O entroido é unha festa chea de cor, música e disfraces. Hai barrios que teñen tradición e personaxes propias. Así é coñecida a máscara da “Pita de Eiroás”, os mecos “Paquita e Nicanor” de Seixalbo ou os confrades de “Frei Canedo” no barrio da Ponte.
No colexio este ano cada quen veu do que quixo e bailamos ata cansar.

Lembrando o Día de Rosalía, queremos que escoitedes un pequeno poema, recitado polas rapazas e rapaces do club de lectura de cuarto.
Lembramos que un ano máis chega o concurso de Agus e os monstruos. Nesta edición debedes crear un ready-made. Podedes debuxalo, fabricalo ou fotografialo. Se precisades máis información consultade nas bases do concurso ou falade coa bibliotecaria do colexio.
Estas son algunhas fotos coas que lembramos o pasado día 8 de marzo, Día da Muller.
