Publicado en Sin categoría

O DÍA DE ROSALÍA

23 de febreiro, nesta data naceu Rosalía de Castro, muller importante para o galego, para as galegas e galegos. Adiantada a súa época, soubo transmitir forza, amor, tenrura e dor dende a palabra. Deixounos un legado poético que debemos coñecer e valorar.

Lembrade que na páxina web do colexio o Equipo de Normalización ten actividades relacionadas coa escritora, non esquezades visitala.

“Rosalía Pequeniña” é o título dun disco libro interpretado pola cantante Uxía. Ela achéganos a unha Rosalía nena, pequena e soñadora.

A Unión Astronómica Internacional en decembro de 2019, púxolle a unha estrela situada a 240 anos luz de nós o nome de “Rosaliadecastro”.

No colexio non podía faltar a nosa homenaxe a Rosalía. Traballos, debuxos, poemas, fotos, libros e música…todo é pouco para achegarnos a esta gran muller: nai, escritora, defensora do galego e adiantada ó seu tempo... ROSALÍA SEMPRE