O 30 de xaneiro, Día da Paz, celebraremos que o mundo e as persoas poden ir mellor se hai comprensión, respecto e tolerancia. A paz non é algo que desexas, é algo que constrúes empregando: un sorriso, unha mirada, unhas verbas, unhas apertas… xa podemos empezar a facelo, diso todas e todos temos dabondo.
Isto foi o que fixeron as persoas que seleccionamos para facer este Genially. Estes son os TOP 10 DA PAZ.
Se queres saber algo máis sobre eles só tes que coller un código QR, levalo para casa e escanear dende un teléfono móbil. Proba…!!
Para festexar ben o Día da Paz, tamén propoñemos sete días de contos e curtas, un para cada día. Desexamos que vos gusten!!
Os libros non poden faltar nesta celebración, estes títulos pódense ler e ver na biblioteca do colexio, tamén se poden levar a clase para ler no tempo lector, se tes algunha dúbida ou precisas axuda, consulta coa bibliotecaria.

No obradoiro de xaneiro, propuxemos facer unhas pombas. Precisastes unha culler, un molde, un cartafol branco e paciencia. O resultado é espectacular, sodes xeniais… Moitas grazas pola vosa implicación!!

Por suposto cando remate a exposición poderes levar as vosas pombas da paz.