Publicado en Sin categoría

DECEMBRO ESPECIAL

A piques de empezar as vacacións de Nadal, queremos lembrar algúns momentos que fixeron que decembro fose un mes moi especial.

Na biblioteca o obradoiro de pintar pedras, poido levarse a cabo coa vosa implicación, traballo e entusiasmo. Hoxe forman parte do decorado de Nadal do colexio.  Grazas!!

Obradoiro de decembro

Tamén tivemos momentos para a poesía. Nun ambiente alegre, relaxado e da man de Sabela Gago, o alumnado de 4ºA e 4ºB demostrastes que sodes grandes intérpretes.

Made with Padlet

Só queda agradecer a vosa solidariedade, a colaboración e implicación na campaña de recollida de alimentos e xoguetes da Operación Quilo. Un ano máis fostes estupendos!!

Publicado en Sin categoría

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

O pasado mes de novembro celebramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares.

O folleto que publica Bibliotecas Escolares de Galicia, amosa unha imaxe e a difusión dun texto de Amparo Alonso  Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial.  

Mes da ciencia en Galego nas bibliotecas. Texto de Amparo Alonso Betanzos

Na biblioteca dedicamos o mes a facer obradoiros e tamén desfrutamos coa exposición de experimentos realizados polos  alumnos/ as da Aula Sirius do colexio.

A ciencia tamén foi o tema do traballo para o programa da radio e para o proxecto “Coñecendo a nosa cidade”. Nesta ocasión lembramos as rúas que teñen nomes de científicos coma: Doutor Fleming, Doutor Temes e a de Marie Curie.

Afondamos na Aula Newton que ofrece aprendizaxe en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas para estudantes de 14 a 16 anos e lembramos o certame de Galiciencia , a maior feira científica para estudantes de Primaria, de Secundaria e Bacharelato.

Made with Padlet