Benvidas/os ó blog de Bibliocouto!!!
A nosa biblioteca xa está funcionando na hora dos recreos, pero aínda faltaba a súa incorporación na páxina web do colexio…Conseguido!!
Dende agora presentaremos as novas da biblioteca neste novo blog!!
Este ano hai moitas novidades e queremos que todas/os as coñezades.

-Por fin Bibliocouto forma parte da Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia. Este é o logo e este é o lema de bibliotecas escolares para este ano.


-Xa temos mascota, chámase COUTOLIN e vainos acompañar en todas as actividades relacionadas coa biblioteca.
-Temos un novo proxecto de centro : “Coñecendo a nosa cidade”

Coñeceremos a nosa cidade a través de actividades, traballos, documentacións, vídeos, obradoiros, excursións. Chegaremos ata lugares, monumentos, museos, rúas, barrios, parques; coñeceremos festas, oficios, persoas da nosa cidade de OURENSE.
Como parte deste proxecto xa estamos a colaborar coa RADIO falando da nosa cidade. Vamos coñecendo a orixe do nome, a festa do magosto…imos afondando na cidade na que vivimos.
Escoitade a compañeiras/os que xa participaron en tres programa de radio, son auténticos profesionais!!!!
Cadea Ser, programa “La ventana”, emítese os luns as sete da tarde.

-Este ano haberá clubs de lectura. Haberá un club en cuarto e outro en sexto, terán as súas xuntanzas os luns na hora do recreo.
O noso club de lectura chámase “OS COUTOLINES”, na honra da nosa mascota COUTOLIN por suposto.
Para seguir as novas do club, fai click no apartado superior que pon CLUB DE LECTURA
E ata aquí as novas de Bibliocouto!!!!!